Que o frío nos fai aterecer? Nós facemos que non o sentimos.
Que os pes parecen témpanos de xeo? Nós saltamos ata o teito.
Que as manciñas teñen os dedos agochados? Nós abrímolas, estirámolas e aplaudimos ata telas ben quentiñas!
O sábado pasado, no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil, fomos escorrentando a friaxe do corpo, que nestas datas sempre ven moi ben!
Comezando cas partes do corpo empezamos a quentar, e chegamos aos cinco dediños: o maimiño, o seu veciño, o furabolos, o matapiollos e o pai de todos fixeron ximnasia ó son da música.
O Señor Coc móvese, da palmadas, aletea, deslízase e proba todo tipo de movementos, e así, pouquiño a pouco, fomos vendo como se move un verme, unha foca, unha ra, un elefante e ata voamos como un paxaro!
E xa postos, pois aproveitamos para seguir movéndonos como na ximnasia de verdade!
Aaaarriba! Aaaabaixo! Reeeeemamos!!!
Pero tanto axetreo deixounos cansos, moi cansos, e rematar cunha masaxe relaxante foi… foi… coma descansar enriba das nubes…
E sabedes que todo isto se pode repetir na casa? Que como? Tedes un montón de ideas nos libros, CDs e DVDs que a Biblioteca Infantil e Xuvenil ten na sección de SOS Pais e nos Bebelotes que hai preparados para que levedes calquera día da semana. E se preferides, podedes rebuscar no catálogo das Bibliotecas municipais.
Vémonos prontiño en xaneiro!
Deixar unha resposta