Na Biblioteca Infantil e Xuvenil xa contamos con novos Bblotes, unha selección pensada e renovada para vós.
Contamos con lotes axeitados ás diferentes idades:
Podedes atopar todo tipo de documentos: libros para os máis pequenos, para compartir en familia, material audiovisual para bailar e soñar… E tamén libros dirixidos aos pais, para orientalos nas posibles dúbidas que poden aparecer nestas etapas.
Recordade que podedes pasar pola Biblioteca e coñecer de primeira man estes Bblotes, estaremos encantadas de presentárvolos!