O 23 de abril é o Día Internacional do Libro e por tal motivo a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) e a CRTVG invítannos a que entre as 12 e as 14 horas de hoxe emitamos os nosos chíos en twitter cos hashtags #enGalegoLeo e #selfie.

Nós, desde a Bebeteca, convidámosvos a que eses tuits vaian acompañados dunha autofoto ou selfie cos vosos bebés. Nós xa temos as nosas preparadas:

O pase de diapositivas require JavaScript.