Comezamos o ano de novo na Bebeteca da Biblioteca Infantil e Xuvenil e os máis pequenos, Andrea, Andrés, Antón, Emma, Guillermo, Leo, Mael, Nicolás e Pablo, visitaron toooda “A casa do señor Coc“.

Logo de cantarlle para espertalo, o noso amigo o crocodilo ensinounos todo o que durante un día ía facendo: no salón, no baño, na cociña e na súa habitación.

Co conto “La luna”, de Anne Herbauts, chamamos ós soños, gardamos os pesadelos e despedismos ó Señor Coc logo xogar e relaxarnos nun mundo cheo de cores e voos entre globos.

E xa sabedes, se queredes comprobar se os peques o pasaron ben só tedes que verlles as caras na galería que con tanto cariño lles preparamos no Flickr das Bibliotecas Municipais.

Vémonos na seguinte!