Esta preciosa imaxe da Carapuchiña Vermella (Silvia Gándara) representa a nova actividade que estamos levando a cabo na Biblioteca Municipal de Castrillón e da que hoxe vos presentamos o calendario das próximas sesións. Contos enCantos é un contacontos dirixido a cativos/as de 2 a 4 anos.
Reparto de invitacións
As entradas repartiranse os xoves anterior á sesión nun formulario que se habilitará neste blog a partir das 10:00 horas.
Se queres participar, cubre os teus datos, atenderemos as solicitudes por orde de entrada e enviarémosche por correo electrónico a confirmación de que estás inscrito/a ou en listaxe de agarda.
Unha vez que recibas a confirmación deberás pasar pola bilioteca ata a víspera da sesión para recoller o teu convite no mostrador da sala infantil.
Durante estas sesións, facilitamos un primeiro achegamento, sosegado e pracenteiro, das familias cos seus nenos/as e axudámoslles a descubriren os recursos e espazos da Biblioteca para así desfrutaren dela desde pequenos. Descubriremos unha gran variedade de contos, música, xogos, ritmos, personaxes, etc. e viviremos momentos máxicos de lecturas compartidas gozando das palabras e dos sons.
Os recursos utilizados durante esta actividade están dispoñibles nas Bibliotecas Municipais e pódense levar en préstamo.
Estes son algúns dos materiais que utilizamos.
É preciso resaltar que os pais/nais sodes unha peza clave nesta actividade, pois participades, desfrutades, apoiádesnos e, sobre todo, estades cos vosos nenos e nenas, co que conseguides así que para eles sexa un momento máxico de diversión e de tenrura.
Moitas grazas por contar con actividades para os nenos de mais de dous anos,estaban en terra de ninguen… pero será posible que o reparto de entradas se faga tamen por mail ou telefono? Pensade nas persoas con movilidade reducida ou que traballan os sabados pola maña como é meu caso, nestos tempos tan modernos obrigar a alguen a ter que pedir un favor aos avos (cando haxa avos…) para recoller unha entrada que se pode reservar po internet….
Moitas grazas pola túa suxestión. Valoraremos dita opción para vindeiras sesións e manterémoste informada