Contacontos para nenos de 5 a 7 anos: Emocións que veñen de fóra


Queredes pasar unha tarde chea de emocións e sentimentos? Pois, hoxe achegámosvos un contacontos para os irmáns maiores dos vosos bebés, xa que está dirixido para nenos de entre 5 e 7 anos. Terá lugar na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil o vindeiro Venres 20 de decembro ás 18:00h.

O conto escollido para pasar esta tarde con todos vós é “La mejor familia del mundo” de Uri Shulevitz.
Un conto no que Carlota, unha nena recibe a noticia de que vai ser adoptada. E comeza a imaxinar que a súa nova familia será a mellor do mundo. Durante toda  a noite non pode durmir dos nervios e soña con diversas familias… 

Trátase dun álbum ilustrado sobre a adopción.

1474409_10151842788592514_1032773315_n

As prazas son limitadas e podedes reservar a vosa prazar para asistir ao contacontos dende xa mesmo a través das seguintes canles:

  • enviando un correo electrónico a binfantil@coruna.es
  • chamando por teléfono ao 981184388
  • ou achegándote á Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil en Durán Loriga, 10 – Baixo.

Deixámosvos tamén todas as actividades que terán lugar na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil durante todo este mes de decembro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: