“Tod@s nós sabemos algo, tod@s ignoramos algo, por iso aprendemos sempre” Paulo Freire
Crocodilo, crocodilo á túa granxa todos imos… Crocodilo, crocodilo imos imos polo río!!
Na Biblioteca Municipal Ágora seguimos a sumar e xa podemos dicir que damos por rematado o segundo BbEncontro!! Desta volta o noso fío condutor, o Señor Coc, consciente do coñecemento que os peques teñen do mundo animal e de que lles resulta moi motivador e atraente, tomou o mando do seu tractor para invitarnos a pasar o día na súa GRANXA.
Esceas como a poza, a eira, a corte e o alpendre servíronnos como elementos de xogo, observación e experiencia nun corto pero concreto achegamento ao entorno natural.
Durante máis de vinte minutos, bebés e familias descubriron xuntos o mundo da lectura, xogaron coa música, mergulláronse na maxia das palabras e descubriron, con moito interese, o mundo que lles rodea…
Lembrade que antes do próximo BbEncontro teredes a oportunidade de desfrutar dunha batería de OBRADOIROS DE LECTURA PARA BEBÉS. As sesións, da man de Katarsis Educación e Teatro, traballarán o xogo como parte da experiencia lectora e ofrecerán unha actividade didáctica para iniciar aos máis pequenos no mundo da lectura guiados polas súas familias, sen faltar por suposto, unha dinamización cun conto como protagonista.