É todo un mundo o que se presenta por diante cando falamos de emocións, e se se trata de emocións dos máis pequenos, xa falamos de todo un universo por descubrir.
A intelixencia emocional dos nenos ven determinada en grande parte pola actitude dos pais; dende a concepción do ser humán como ser global no que a intelixencia non é unha, senón varias, e tendo en conta que a intelixencia emocional está algo olvidada, a actitude, a capacidade de respectar o que sinten os nenos e o exemplo, xogan un papel fundamental na aprendizaxe da emoción dende moi pequeniños.
Por isto mesmo, da man da psicóloga e terapeuta gestalt, África Alberti, na Biblioteca Infantil e Xuvenil propoñemos unha charla-taller “Nuestro papel como padres en el desarrollo de la inteligencia emocional de nuestros hijos” para darnos conta do que se pode facer como pais. Tratarase de introducir ás familias no primeiro paso para desenvolver unha capacidade emocional sa e beneficiosa. Cunha pequeniña introdución teórica poñerémonos a traballar na práctica do recoñecemento de sentimentos e poderemos axudar ós máis pequenos a recoñecer e xestionar ó que lles sucede, que lles pasa por dentro.
XOVES, 5 de setembro
17.30 h.
– Entrada libre –
África Albertí tamén estivo na nosa Bebeteca da Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano cunha charla-taller para clausurar o fin do programa “Descubrindo Xuntos”. Visita o post que lle adicamos neste blog o resumo e conclusión da charla. África Albertí na Bebeteca de Forum
E para ir abrindo boca, descubrindo xa dende agora esas emocións agochadas, deixámosvos unha pequena selección de libros que poderedes seguir e mesmo compartir cos máis pequechos dentro de todo o seu mundo emocional.
Visita o Catálogo de Bibliotecas Municipais de A Coruña e comproba dispoñibilidade dos materiais.
Compañeras, un éxito de charla!!! :O)