O xoves pasado, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, pequenos e maiores desfrutamos dunha tarde chea de aloumiños, contos, cóxegas e cancións. Coñecimos a Mauro, o protagonista do conto "Mauro necesita un abrazo" de David Melling; e aprendimos con "Todos los mimos" de Alex Sanders, que os animais tamén se queren moito.
“Entre arrolos e contiños” na biblioteca de Monte Alto.
Onte a tarde, grazas a Teatro Migallas, gozamos dun ratiño de contos e cancións moi agradable. As familias ¡e tamén as bibliotecarias! cantamos xuntos, fixemos cóxegas, aplaudimos e escoitamos uns contiños moi doces: "Imos cazar un oso", "A ra da boca grande", "Sambalelé" e "Señor Coc", entre outros. Ogallá puidesen quedar máis tempo con nos!... Seguir lendo →
Xa somos 4 bebetecas!
Xa vedes que nas Bibliotecas Municipais empezamos a quencer motores para darlle forma a toda a actividade relacionada coas Bebetecas que temos preparada para este curso. O luns publicamos info dos Nanocontos na Biblioteca Fórum e o xoves de Todo un mundo de emocións na Infantil e Xuvenil. Hoxe queremos adiantarvos que na Biblioteca de Ágora e... Seguir lendo →
Todo un mundo de emocións
Para comezar o curso con agarimo na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil o xoves 26 de setembro ás 18:00h invitámosvos a compartir connosco unha tarde chea de emocións. Unha actividade plantexada para os máis pequenos, de entre 12 e 24 meses, na que descubriremos novas experiencias, cantaremos e disfrutaremos dos contos. As prazas son limitadas porque non... Seguir lendo →
Os NANOCONTOS chegan á Biblioteca Forum Metropolitano
O sábado 28 de setembro, ás 18:30h., os máis pequeniños da casa teñen a oportunidade de disfrutar dos NANOCONTOS, un contacontos para nenos de 0 a 3 anos, a cargo de Raquel Queizás. NANOCONTOS é un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade a través de pequenas historias adaptadas para captar o... Seguir lendo →
BEBEscena no Centro Ágora
O próximo domingo 15 de setembro dará comezo no Centro Ágora da Coruña BEBEscena, un programa de espectáculos dirixidos a bebés de entre 12 e 36 meses, obradoiros e conferencias familiares. Comeza ás 12.30h con BABS, obra de Baobab Teatro de quen vos deixamos o tráiler de Fíos E haberá BEBEscena catro domingos máis: 22... Seguir lendo →
Entre arrolos e contiños na Biblioteca de Monte Alto
O mércores 25 de setembro na Biblioteca Municipal de Monte Alto os mais pequenos da familia teñen unha cita "Entre arrolos e contiños" un contacontos en colaboración co Teatro Migallas onde espertaremos neles, xa nos seus primeiros anos, un interese polos libros e as historias de tradición oral. Se o teu bebé ten ata 3... Seguir lendo →
Limitar e triunfar
Que os máis pequenos da casa necesitan uns límites claros é algo que todos temos presente, mais á hora de aplicar o conto moitos facemos augas e acabamos caendo nun abismo que, á larga, nos complica o labor de educar os menores. Eu non son ningún experto nin teño fillos, mais doume licencias e practico... Seguir lendo →
Como potenciar a intelixencia emocional
É todo un mundo o que se presenta por diante cando falamos de emocións, e se se trata de emocións dos máis pequenos, xa falamos de todo un universo por descubrir. A intelixencia emocional dos nenos ven determinada en grande parte pola actitude dos pais; dende a concepción do ser humán como ser global no... Seguir lendo →