Mira que mira mirando, atopei unhas mochilas moi estranas, unhas eran verdes, outras azuis, vermellas e laranxas, eran semellantes a un…

Este luns quince de xullo comezamos na Biblioteca Ágora co préstamo dos Bblotes, que por se cómpre lembralo, trátase do préstamo temporal dunha mochila de materiais de lectura de diferentes temáticas, soportes e xéneros para desfrutar e fomentar a lectura dende os fogares.

BbLotes 1

Grazas á labor que teñen desenvolto dende a Bebeteca dos Rosais, pioneira en todo o sistema das Bibliotecas Municipais no préstamo de bebelotes, hoxe podemos poñer en marcha na nosa Bebeteca, un servizo demandado por boa parte dos nosos usuarios con bebés ate os tres anos.
Son máis de cen familias as que se poderán beneficiar de levar para a casa unhas mochilas ateigadas da maxia de bechos estranos, afectos que riman, arrolos con lingua, melodías con rabos longos, descubrimentos con pés, e por suposto, un caderno viaxeiro no que poder contar esas primeiras impresións.
Para Leónidas, Antía, Telmo, Celia, Uxue, Tiago, Sabela e tantos outros bebés socios da nosa biblioteca, estarán listas as mochilas agardando a ser descubertas coma se dun xogo se tratara. Para as mamás e papás, por suposto, tamén se contemplarán lecturas que apoien os contidos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

É por iso que a fórmula está en marcha, cos lotes da vosa man só resta contar o conto con rima e ritmo, porque pasando as páxinas é como mellor compartimos lecturas e sentidos.

Cadernos de vai e vén para unhas mochilas cargadas de coBbLotes (3)ntos sen fin…BbLotes (3)