Bicos con leite para nenos de 6 meses a 3 anos


O vindeiro xoves 23 de Maio na Biblioteca Infantil e Xuvenil teremos un contacontos moi especial para nenos de 6 meses ata os 3 anos:  contos e cancións para os mais pequenos, libros de imaxes, rimas e música da man de Charo Pita:

Necesitánse bicos de leite e orellas de caracola para contar e cantar historias pequenas, de cando bebíamos na teta ou usábamos o penico ou gustábamos de todos os animais porque eran para nós un mundo descoñecido. Velaquí un feixiño de contos para escoitar por orellas pequenas á calor dun colo.

Tomade nota: Xoves 23 de Maio ás 17:00 na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Podedes reservar a túa praza, ben chamando por teléfono, achegándote á Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil ou enviándonos un correo electrónico a binfantil@coruna.es.

Biblioteca Infantil e Xuvenil
Charo Pita leva narrando historias dende hai hace 18 anos, ademais de ter tempo para escribir as súas propias historias coas que acadou numerosos premios, nas nosas Bibliotecas podes atopar os seus contos para os máis pequenos e os seus irmans maiores:

  • Igor / Charo Pita, Carmela Mayor. — Pontevedra : Kalandraka, 2001
  • Alguien de alguna parte / texto, Charo Pita; ilustraciones, Carmela Mayor. — Valencia : Brosquil, D.L. 2006
  • Velliñas / texto de Charo Pita ; ilustracións de Fátima Afonso. — Pontevedra : OQO, 2009
  • O arco da vella / Charo Pita ; ilustracións de Xosé Tomás. — Vigo : Xerais, 2009
  • Maxia! / Charo Pita & Madalena Matoso. — Pontevedra : OQO, 2011

Igor de Charo Pita Velliñas

O arco da vellaMaxia!

E de agasallo a curtametraxe de “Alguien de Alguna Parte”:

ALGUIEN DE ALGUNA PARTE – CORTOMETRAJE from serpientekaa on Vimeo.

3 thoughts on “Bicos con leite para nenos de 6 meses a 3 anos

Add yours

  1. Dende a Biblioteca Infantil e Xuvenil vos informamos de que xa non quedan prazas para esta actividade, moitas grazas polo voso interese e participación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: