Chegou unha data moi agardada, o primeiro domingo do mes de maio, hoxe celebramos o Día da Nai.

Miña nai, miña naiciña,

como miña nai ningunha,

que me quentou a cariña

co caloriño da súa.

Desde a Biblioteca do Forum Metropolitano querémonos achegar a esta data ofrecendo aos nosos usuarios na Sala Infantil unha mostra de libros sobre este día tan sinalado, e proporcionando tamén aos máis cativos modelos de tarxetas, marcapáxinas, etc. para que os personalicen e llos agasallen ás súas mamis. Na Sala de Adultos poñemos a disposición dos nosos usuarios recomendacións de libros coa súa receita de cociña, para disfrutar con “dozura” o día en familia.

Os pequenos lectores da Biblioteca do Forum quixeron agasallar a estas persoas tan especiais nas súas vidas unhas verbas marabillosas e moitos mimos.