Ola familias!
Informámosvos que o próximo Bbencontro na biblioteca Os Rosales terá lugar o sábado 27 de Abril de 11 a 12:30h.
Como podedes facer para inscribirvos:
- Achegándovos á biblioteca a partir do sábado día 20 de Abril dentro do seguinte horario: polas mañás de 11 a 14h e pola tarde de 16:30 a 20:30h
- Por teléfono, no número 981.184389. Se vos decidides por esta opción, por favor, que sexa porque vivides fóra de A Coruña ou como última opción. No caso último de que teñades que facer uso da inscrición por teléfono, será a partir das 11 da mañá (hora de apertura da biblioteca)
Ter en conta que:
- Priorizan as inscricións presenciais
- Cada familia poderá anotar como máximo a outra familia sempre e cando coñeza tódolos datos que pedimos na folla de inscrición
- Prazas limitadas
Calquera dúbida estamos á vosa disposición.
Grazas por compartir connosco o desexo de achegar os libros aos vosos nenos
Vémonos!!!!
Deixar unha resposta