Nunca é demasiado cedo para estimular aos máis pequenos no mundo da arte!

Os bebés entre os 0 e 3 anos son capaces de sentila. Pode que non realicen as mellores críticas da mesma, ou que non se levanten aplaudindo e dicindo “bravo”. Sen embargo, todos os bebés poden desfrutar coa arte xogando.

Obradoiros de música, espectáculos de danza e teatro, actividades creativas nun museo, sesións de cine en familia… é curioso observar como o bebé goza ao seu modo. Ríe, canta, baila, e intenta achegarse ata o escenario en busca dunha participación máis directa; algunhas veces chora e outras simplemente queda coa boca aberta.

O vocabulario, a xestualidade, a escenografía e a cercanía entre o público e o escenario, son os elementos clave para estimular e divertir aos máis pequenos, que apenas saben falar pero que poden sentir, soñar e emocionarse ao mesmo tempo que xogan coa arte!

No Manchester Museum (UK) levan a cabo o programa Baby Explorers, sesións interactivas baseadas no xogo sensorial para bebés que aínda non camiñan.

Achegámosvos un video para que poidades desfrutar desta magnífica proposta: