Que os máis pequenos da casa teñen habilidades para o manexo de smartphones, iPads e pantallas táctiles variadas é un feito constatado por todos. É por iso que hai todo un mercado de aplicacións destinadas a estas idades temperás, das que falabamos hai unhas semanas, coma “María and Thomas”, orientado para un público de entre 1 e 5 anos no que se ensinan os animais e todos os elementos presentes nunha granxa.

Maria and Thomas, xogo interactivo de Imaginarium
Maria and Thomas, xogo interactivo de Imaginarium

Tedes máis información de “María and Thomas” no blog ¿Me pones un biberón?.  Teñen os vosos nenos algún xogo interactivo preferido? Ou algún vídeo en youtube que non se cansen de ver?