English for Babies


A educación bilingüe é unha labor complicada que se prolonga durante moitos anos. Para motivar aos bebés debemos apoiarnos en material adicional que nos poda axudar na aprendizaxe do idioma inglés para bebés: contos, cancións e videos.

Como empregar o material para ensinar inglés aos/ás bebés?

O bebé aprende a linguaxe por un método de relación, asociando as palabras que está a escoitar  co que está vendo nese momento. Aí é onde reside a importancia da xesticulación e da interpretación cando lle estamos a falar ou contar un conto.
Cantos máis movementos e xestos fagamos, máis sinxelo será para o bebé relacionar os significados dos sons que está a escoitar. Ademáis, estaremos motivando a atención do/a bebé e facilitando a súa aprendizaxe.

Á hora de elexir os materiais para a educación bilingüe, temos que ter en conta que non debemos saturar aos bebés con un grande número de contos e cancións. De feito, o mellor é ter unha pequena selección, un número limitado de materiais que se repitan co fin de potenciar a atención no exercicio conseguindo mellores resultados.

Deixámosvos entón algúns contos en inglés, que poderedes atopar en calquera das nosas bibliotecas na sección Torre de Babel (centro de interese cunha selección de diversos materiais en varias linguas: inglés, francés, alemán, chinés, rumano, árabe…) e que poden ser un recurso moi motivador para o bebé. Ao principio, suporalles máis traballo e atención, pero se os facemos partícipes no conto, conseguiremos que presten toda a atención.

3 thoughts on “English for Babies

Add yours

    1. Bibliotecas Municipales de A Coruña | marzo 13, 2013 en 7:49 am
      Hola Maria, los libros los tenemos en catálogo, prueba a buscar por titulo, y si necesitas ayuda te los podemos reservar en la biblioteca que desees.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: