Danza na BibliotecaO teu bebé tambaléase ritmicamente cada vez que escoita música? Entón está pedindo a gritos bailar. Pero cando, onde e como?
O vindeiro 6 de Abril en Artestudio Xestión Cultural impartiranse dous obradoiros de Iniciación á Danza destinados a bebés de 6 a 12 meses e de 1 a 2 anos.

A través da danza, o/a bebé descubrirá unha nova canle expresiva, un novo campo lúdico e creativo onde desenvolverá novas combinacións a través do xogo, do recoñecemento do propio corpo, a música e os ritmos

O ano pasado, nas Bibliotecas Municipais, tivemos un obradoiro similiar que podedes ver neste álbum