Montaje Fotos con los niños

Desde a Biblioteca do Forum Metropolitano queremos agradecer a participación na primeira sesión dos Bbencontros de 1-2 anos a: África, Ángel, Carmen, Fiume, Inés,  Nicolás  e as súas mamis, papis e avós. Agradecemos tamén o interese mostrado por moitas mamás e papás que quedaron fóra desta actividade.

Pasámolo moi ben da man da nosa mascota Beba e dos protagonistas das nosas historias, como a do pequeno Edu. Para que o comprobedes cos vosos olliños deixámosvos unha mostra gráfica da sesión.

Querémosvos desexar unhas moi Felices Reis e un próspero 2013 a tod@s!!

Lembrámosvos que a seguinte sesión será o vindeiro 19 de xaneiro ás 18.30h. e que repartiremos as 6 invitacións o sábado anterior, 12/01/2013, a partir das 10.00h na Sala Infantil da Biblioteca do Forum Metropolitano.

Agardámosvos!!

Marta e Xiana.