O pasado sábado tivemos na Bebeteca do Forum aos peques de 1-2 anos aprendendo os conceptos de GRANDE/pequeno na Sesión Somos Azuis. Escollimos o azul porque é unha cor relaxante e tranquilizadora que nos axuda a controlar a mente, ter claridade de ideas e ser creativos. Para que vexades o ben que o pasamos disfrutade das fotos da sesión.

Os nosos pequenos participantes xunto coas súas mamis e papis pasárono xenial cantando, escoitando contos e xogando cos conceptos de GRANDE pequeno. Lembrades como era a canción?

Agradecer aos peques, mamis e pais a súa participación! Agardámosvos na derradeira sesión que terá lugar o sábado 12 de maio ás 18.30h. na Bebeteca da Biblioteca do Forum. Lembrade que nesta ocasión especial repartiremos 10 entradas para os pequenos de 0-1 e outras 10 para os de 1-2 anos a partir do sábado 5 de maio ás 10 da mañá na Sala Infantil do Forum.

Biquiños!

Marta e Xiana.