Presentamos esta sesión coa cor vermella. Cor ligada á vitalidade, ao amor e á paixón, que aporta optimismo, coraxe e confianza nun mesmo.

Desta vez seguimos a traballar os conceptos espaciais, concretamente Dentro/Fóra, para que os bebés empecen a explorar e identificar o medio que os rodea. Estas nocións trabállanse por pares de contrarios para un millor afianzamento dos conceptos.

Os recursos non materiais empregados foron: unha canción motriz elaborada ao efecto para que identifiquen o entorno coñecido (casa, xoguetes, contos, etc.). Un conto protagonizado polo Señor Coc e os seus amiguiños para reforza os conceptos de Dentro/Fóra usando imaxes significativas e sinxelas de recoñecer. E por ultimo os xogos e a psicomotricidad, materializados con aros, teas, pelotas e cilindros para meter (Dentro) e sacar (Fóra) obxectos.

Desde a Sala Infantil do Forum Metropolitano queremos agradecer a asistencia de: Aitana, Alma, Clara, Inés e Raquel!! grazas por vir e facernos disfrutar da vosa compaña e vervos tan sorrintes!!

Pódense ver as fotos da sesión no seguinte link