Mañá, sábado 18 de Febreiro ás 18:30 horas, teremos unha nova sesión de Bebeteca para os pequerrechos de 1 a 2 anos. Nesta ocasión a cor amarela estará presente na sesión. É unha cor que aporta felicidade, é brilante e alegre. Asóciase coa parte intelectual da mente e a expresión dos nosos pensamentos. Tamén axuda a ser organizado, potenciar a memoria e a ter as ideas claras.

Tamén estará presente o Señor Coc que nos amosorá o ben que nos senta facer exercicio tendo en conta os movementos á dereita, á esquerda, diante e atrás.

AGARDÁMOSVOS! Xuntos aprenderemos novos conceptos a través dos contos e da música.


Nota: Lembrade que as sesións de Bebeteca precisan dunha invitación que se recolle desde o sábado anterior á sesión desde ás 10 h. na Sala Infantil da Biblioteca Forum Metropolitano, só tes que consultar o calendario que temos no blog.