A EDUCADORA ANA ABELENDA IMPARTE ESTE SÁBADO UNHA CHARLA SOBRE ANIMACIÓN Á LECTURA NO ÁMBITO DO FOGAR

Charla de animación a la lectura para bebés
A educadora Ana Abelenda vai impartir este sábado 4 de febreiro, a partir das 11:30 horas, unha charla titulada “Animar a ler en familia: de 0 a 3 anos”. Nesta sesión aberta ao público -en especial a futuros pais e nais- que se vai celebrar na libraría LIBROS PARA SOÑAR (Avda. Fisterra, 64), abordaranse diversos consellos e estratexias para cantar e contar, para crear o hábito lector nos nenos e nas nenas dende os primeiros anos de vida, antes de que aprendan a ler, partindo dende a tradición oral e musical galega, e chegando ata o álbum ilustrado.