Na sesión Somos Laranxas tratamos os conceptos de tronco, extremidades e movemento. E que mellor xeito que cantando! aprendimos a canción “El cuerpecito” e lembramos a da primeira sesión: “La carita”.

Para completar a sesión contamos dous contos: “Los diez amigos” para aprender os nomes dos dedos e “Muévase, señor Coc” para comprender o movemento do corpo, brazos-mans e pernas-pés.

Pretendemos que as sesións sexan dinámicas e divertidas para pasalo moi ben. E, podemos dicir que… obxectivo cumprido!! Grazas aos participantes por compartilo con nós!

Para ver as fotografías da sesión podedes picar sobre a propia foto.