Agardamos que o pasedes o mellor posible este Nadal. E que estes tempos difíciles se poidan esquecer pronto. As Bibliotecas Municipais da Coruña, queremos estar ao voso carón para vos axudar a atopar pequenos tesouros literarios que agasallar nestas datas. Estas recomendacións verédelas incluídas na Guía de Nadal que fixemos este ano, agardamos as desfrutedes!... Seguir lendo →
100 %
Gústanos, defendemos, gozamos, experimentamos e compartimos a LECTURA porque LER FAI QUE… pensemos, riamos, desexemos compartir, nos sorprendamos, miremos máis aló, exploremos novos mundos, soñemos, nos emocionemos e sexamos 100 % felices! E para contribuír, aquí estamos nós: espazos cheos de contos e fantasía, de libros e realidade. Para soñar, para afastarnos da realidade e... Seguir lendo →
Chove…
A falta de BbEncontro o pasado sábado, Beba quixo recitarvos un poema titulado "El coro" de Ana María Romero e Alberto Urcaray, do seu poemario "Columpio de versos" editado por Brosquil en 2006. Nestes días de chuvia podédesllo recitar aos vosos cativos! https://youtu.be/oO0pmh5a-IM El coroLlueve en la ventana-Chip, chip, chip, chip, chip,hace el agua clara.Y... Seguir lendo →
Beba’s menú
O sentido do gusto desenvólvese moi pronto no bebé, a partir do quinto mes de embarazo o feto inicia a educación das súas papilas. Segundo o que come a nai, o bebé descobre as diferenzas de sabor entre o doce, o salgado, o amargo e o acedo. Pero debemos seguir aos poucos ampliando a súa... Seguir lendo →
Lecturas que namoran
Ilustración de "Alas y olas" de Pablo Auladell É sabido por todo bo lector e lectora que os libros dánnos ás, créannos soños, énchennos de experiencias inimaxinables. Os libros impúlsannos tan alto que non chegariamos a alcanzar toda a maxia que nos transmiten nin subidos a un xigante no bico dos pés. O mundo da literatura... Seguir lendo →
Ceo profundo
Durante este outono na Biblioteca Castrillón contamos coa exposición fotográfica “Ceo profundo” que mostra unhas fermosas imaxes realizadas por membros da Agrupación Astronómica ÍO, un grupo de aficionados á astronomía que ademais de gozar con ela conseguen transmitirnos a sua paixón. Dende a biblioteca queremos agradecer esta iniciativa e como sabemos que son... Seguir lendo →
Beba celebra o Día da Biblioteca
O pasado sábado 24 de outubro foi o Día da biblioteca, e xa que non puidemos realizar o Bebencontro, Beba quixo celebrar virtualmente con vós ese día tan sinalado. Gravámosvos un poema de Antonio García Teijeiro da súa obra Lueiro de papel, agardamos que vos guste, familias! https://www.youtube.com/watch?v=Rs5zPr6Op7s “Una biblioteca es como una segunda casa... Seguir lendo →
Lecturas infames
O cheiro a castañas, o particular comezo do cole, as follas secas, as visitas á biblioteca para encher de libros as nosas tardes… Nestes tempos nos que toca reinventar os medios seguimos coas mesmas ganas e ilusión. Dende a Biblioteca Forum dámoslle a benvida ao mes de Novembro cunha selección lecturas moi especiais para facerlle... Seguir lendo →
Recursos para este outono
Desde a Biblioteca Fórum Metropolitano queremos compartir unha serie de recursos que agardamos vos sexan de utilidade durante este outono. Comezaremos coa rima “Un baño de estrellas” de Tamara Chubarovsky que, para estes momentos en que o contacto se nos ten prohibido, pode servirnos para fortalecer os lazos afectivos mantendo a distancia de seguridade. Tamara... Seguir lendo →
Novidades de outono na Biblioteca Fórum
Xa no outono, e, inda que Beba tiña moitas ganas de comezar, imos ter que agardar uns meses para vernos de novo. A situación xerada polo Covid-19 obríganos a retrasar o comezo desta actividade por seguridade para tod@s. Agardamos que coas nosas precaucións e sentido común vaiamos poñendo freo a esta pandemia e, de novo,... Seguir lendo →